Convocados un ano máis os premios Son Muller para a provincia de Lugo

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
O CEI Nodus acolleu a presentación da V edición dos premios Son Muller 2022 que organiza a Asociación de mulleres empresarias da provincia.
presentacion premios son muller provincia
15 Nov 2022

O CEI Nodus acolleu a presentación da V edición dos premios Son Muller 2022 que organiza a Asociación de mulleres empresarias da provincia de Lugo.

Os premios están dirixidos a emprendedoras e empresarias e teñen como obxectivo fomentar a participación da muller no entorno económico e social lucense. Contribuíndo, asemade, á promoción do traballo destas mulleres a prol da dignificación do rural, como un piar económico da provincia.

Para participar neste certame, será mester que as participantes teñan o seu domicilio social e fiscal como empresa na provincia de Lugo e estean dadas de alta como autónoma ou ser parte dunha sociedade empresarial. No caso de concorrer como empresa e esta conte con máis dun socio será necesario que polo menos o 51% do capital social o ostenten mulleres. Ademais todas as participantes deberán estar ao día nas obrigas fiscais e coa Seguridade Social.

As empresarias e emprendedoras lucenses interesadas en participar nos Premios Son Muller 2022 poden inscribirse en www.empresariaslugo.org dende o día 14 de novembro e ata o 11 de decembro ás 23:59 horas. Toda as bases e información sobre o certame atoparanse en dita páxina web e no 982 22 69 91.

3 categorías

Os Premios Son Muller 2022, organizados pola Asociación de mulleres empresarias da provincia de Lugo, coa colaboración de: Xunta de Galicia, Deputación de Lugo, Concello de Lugo e Abanca, contarán con tres categorías. A primeira é Empresaria rural, para proxectos de mulleres en concellos rurais baseados en actividades agrarias e complementarias, agroalimentarias, turísticas, industriais, así como, actividades ou actuacións que recoñeza a súa labor no medio rural, da provincia de Lugo. Neste premio valorarase a experiencia empresarial, os plans de conciliación de vida persoal e profesional, a creación de emprego feminino, o fomento da igualdade, a creatividade e innovación, así como o proxecto empresarial que fomente o empoderamento do rural galego.

A segunda categoría é Empresaria para actividades dende hai máis de 42 meses dentro do sector rural. Valoráranse positivamente os currículos con ampla experiencia empresarial, os plans de conciliación de vida persoal e profesional, a creación de emprego feminino, o fomento da igualdade, a creatividade e innovación do mesmo.

A terceira categoría é Emprendedora, para proxectos empresariais non superiores aos 42 meses. Teranse en conta con espírito emprendedor, a creatividade e innovación, o grado de definición do produto ou servizo, a creación de emprego feminino, así como a orixinalidade no sector.

Premios dun total de 4.500 euros

Os premios Son Muller 2022 contará cun xurado que estará formado por representantes da Xunta Directiva de AELU e personalidades de recoñecido prestixio, pertencentes a distintos ámbitos das administracións, empresa e sociedade lucense. O xurado será responsable de seleccionar as candidaturas ganadoras e finalistas.

Os premios son diferentes. Na primeira categoría, Son Empresaria Rural, Son Empresaria e Son Emprendedora: 1.000 euros, máis un ano de cota gratuíta como asociada da Asociación de Mulleres Empresarias da provincia de Lugo e un xogo de Matrioskiñas galegas, elaborado por artesás lucenses e deseñado especialmente para o premio.

As segundas em Son Empresaria Rural, Son Empresaria e Son Emprendedora serán 500 euros, máis un ano de cota gratuíta como asociada da Asociación de Mulleres Empresarias da provincia de Lugo e un xogo de Matrioskiñas galegas, elaborado por artesás lucenses e deseñado especialmente para o premio.

Cómpre destacar que a maiores destes galardóns, todas as finalistas obterán un premio nesta edición do Son Muller. A entrega ás gañadoras desta V edición dos premios que organiza AELU, terá lugar nun acto, o 16 de decembro, ás 20:00 horas no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL), na que tamén se realizará un recoñecemento especial á longa traxectoria empresarial e profesional dunha muller referente na provincia de Lugo.

0.15017104148865