Correos instala en Samos un caixeiro automático

SarriaXa
Samos recibiu a aposta conxunta do Executivo e da empresa pública Correos para ofrecer no rural servizos financeiros e administrativos.
caixeiro autonomaticos
3 sep 2021

Samos recibiu no día de onte a aposta conxunta do Executivo e da empresa pública Correos para ofrecer no rural servizos financeiros e administrativos no camiño hacia a cohesión territorial e na loita contra o reto demográfico.

José Miñones, delegado do Goberno en Galicia, escenificou en Samos o compromiso do Goberno pola dinamización do rural galego de forma que a súa poboación dispoña das mesmas condicións que a de áreas urbanas para desenvolver o seus proxectos vital e laboral. Este traballo permite avanzar na cohesión territorial e social, un dos eixes prioritarios do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia e se aliña co Plan de 130 Medidas contra o Reto Demográfico.

En Samos, José Miñones coñeceu dúas das actuacións incluídas na colaboración entre Goberno e Correos. En concreto, a instalación de caixeiros automáticos e os servizos que ofrecen os carteiros rurais.

Xunto co alcalde de Samos, Julio Gallego; a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, e o xerente de Produtos e Servizos de Correos, Xosé Chorén, achegouse á oficina postal da localidade, onde se acaba de instalar un dos tres primeiros caixeiros que Correos colocou en Galicia, en Samos, Barbantes (Cenlle) e Cortegada e que estarán en funcionamento nos próximos días: “O obxectivo de Correos é extender esta iniciativa a moitos máis. Ata 80 caixeiros en toda a Comunidade para loitar contra a exclusión financeira que está amenazando a tantas localidades do rural”, apuntou José Miñones.

Na oficina de Samos tamén funcionan os carteiros rurais. Grazas a este servizo, o persoal de Correos facilita á poboación do rural o envío de paquetes, a xestión de recibos e a presentación de escritos sen necesidade de que teñan que acudir a unha oficina bancaria ou a un rexistro. José Miñones lembrou que esta iniciativa experimentouse en Lugo e Xaén e agora estase extendendo ao resto de Galicia: “Neste proceso, Correos fixo entrega esta semana de 1.534 PDAs ao seu plantel de reparto en Galicia, 93 na provincia de Lugo”, engadiu.

Investimentos en Samos

No encontro, o delegado do Goberno mantivo unha reunión co alcalde de Samos para analizar outras medidas que está a poñer en marcha o Executivo ante o reto demográfico.

Unha delas é o camiño hacia a eficiencia enerxética. Neste ámbito, o Concello de Samos participa das axudas do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico para proxectos de mellora enerxética. En concreto, beneficiouse de dúas axudas para a mellorar da iluminación pública por importe de 600.000 euros.

0.172935962677