Correos recoñece a Sarria como o punto de inicio máis popular
SarriaXa
Correos recoñece a Sarria como o punto de inicio máis popular nun vídeo no que nove dos seus carteis percorren o Camiño Francés
15 Abr 2023
A Oficina do Peregrino de Santiago ofrece estatísticas dos puntos de inicio máis populares e desde que existe este rexistro, Sarria mantense á cabeza de forma invariable ao longo dos anos.
Desde Correos afirman que “é un dos destinos preferidos polos peregrinos, ao estar situado no Camiño Francés, que é unha das rutas máis populares, e cumprir a distancia mínima para recibir a Compostela”.
Por este motivo, Correos, fixo un novo vídeo no que varios traballadores da empresa percorreron a Mancomunidade de Municipios Galegos do Camiño Francés, descubrindo os lugares máis interesantes do Camiño Francés.