Creación e imaxinación nun obradoiro de arxila en Sarria

SarriaXa
O Garaxe de Sarria continúa cos obradoiros creativos e educativos, desta vez, sobre volumen e traballando con diferentes arxilas e masas.
cartel obradoiro sarria
23 Xuño 2021

O Garaxe de Sarria continúa cos obradoiros creativos e educativos, desta vez, sobre volumen e traballando con diferentes arxilas e masas (gres, arcicha e outros reciclados). O evento levarase a cabo o 1 de xullo e será impartido por unha empresa de animación infantil de Lugo con ampla experiencia.

Este obradoiro está dirixido a nenos e nenas de 6 a 12 anos de idade que aprenderán a empregar distintos materiais creando volumes e aprendendo este tipo de habilidade a través da escultura, da magnitude física que expresa o corpo en dimensións, etc.

Así mesmo, con esto preténdese que os nenos e nenas exploten a súa imaxinación e creatividade a través dunha actividade manual que consegue tamén unha mellora na habilidade motora.

As prazas son limitadas polo que é preciso reservar escribindo ao enderezo electrónico ogaraxesarria@gmail.com ou no teléfono 982 530 086. Así mesmo, a inscrición tamén se pode realizar no propio establecemento do Garaxe en Sarria.

obradoiro garaxe sarria
0.13301110267639