Creados de Sarria inicia o curso e abre últimas prazas para estimulación precoz e iniciación ao cole

SarriaXa
Desde a entidade sinalan que os grupos son reducidos e contan con especialistas que garantizan unha atención personalizada
Creados-Sarria
4 Oct 2025

O centro educativo Creados de Sarria deu inicio ao curso 2025-2026 neste mes de outubro, durante o cal quedan as últimas prazas para un novo grupo de estimulación precoz e iniciación ao cole, destinado a nenos e nenas de 2 a 3 anos.

As actividades desenvolveranse en horario de 10:00 a 12:00 horas e inclúen talleres creativos, psicomotricidade, xogo e aprendizaxe, así como atención e concentración, co obxectivo de fomentar a estimulación dos pequenos, a socialización e o establecemento de rutinas, normas e valores.

Desde a entidade sinalan que os grupos son reducidos e contan con especialistas que garantizan unha atención personalizada, adaptada ás necesidades de cada neno.

“O enfoque integral prepara aos nenos para os retos do mañá. Ao combinar o académico co emocional e social, ofrécense ferramentas que lles servirán en calquera etapa da súa vida”, destacan.

Así, entre os beneficios a longo prazo destacan unha mellor capacidade para resolver problemas, confianza á hora de tomar decisións e resiliencia ante os desafíos.

⚙ Configurar cookies
0.092823028564453