Crearte de Sarria organiza dúas actividades para o próximo fin de semana

A Asociación Cultural Crearte de Sarria promove dúas actividades para o vindeiro fin de semana. A primeira, chamada "Encontro con movemento", terá lugar o sábado de 11.00 a 12.30 horas e está destinada a mover o corpo coa guía de Ángela. As persoas interesadas poden inscribirse no 677 22 94 63. O prezo para socias e socios é de 10 euros, mentres que para non socias e non socios é de 20 euros; os menores de idade pagan metade do prezo.
O domingo, de 11.00 a 13.00 horas, celebrarase un "Encontro en familia", unha mañá para crear xuntas e explorar as posibilidades e cores que ofrece o outono. A actividade está aberta a crianzas de todas as idades, sempre acompañadas dun familiar se son moi pequenas. Para participar é necesaria a inscrición a través do mesmo contacto, co fin de asegurar recursos para todas as persoas participantes. O prezo é de 10 euros para socias e socios e 15 euros para non socias e non socios, con descontos para irmáns en ambos casos.