CreArte organiza un obradoiro de cerámica con Verónica Quintela aberto a todas as idades

SarriaXa
A actividade celebrarase o domingo 26 de outubro e require inscrición previa; terá un prezo reducido para socias e crianzas
cerámica-Crearte-Sarria
21 Oct 2025

A Asociación Cultural CreArte organiza un novo obradoiro de cerámica que contará coa participación da artista Verónica Quintela, recoñecida polo seu traballo artesanal e pola súa implicación coa cultura e o entorno natural.

A cita será o domingo 26 de outubro, en horario de 10.30 a 13.00 horas, e está aberta a participantes de todas as idades, aínda que as crianzas deberán acudir acompañadas dunha persoa adulta.

O obradoiro propón unha aproximación práctica e creativa ao mundo da cerámica, combinando técnica e expresión artística para fomentar a aprendizaxe e o goce colectivo. Segundo explican desde CreArte, trátase dunha actividade pensada para fomentar a participación cultural e o contacto coa arte desde un enfoque accesible e familiar.

As persoas interesadas deberán reservar praza con antelación, xa que o número de participantes será limitado. O prezo da inscrición é de 15 euros para socias da entidade e de 25 euros para non socias, mentres que as crianzas pagarán a metade.

⚙ Configurar cookies
0.066258907318115