Cruz Vermella de Sarria rende homenaxe ao labor humanitario de Hospitaleros sen Fronteiras

SarriaXa
A entidade celebrará o 13 de decembro unha cea-baile na Sociedade La Unión para recoñecer o seu traballo en Senegal
nenos-talibé-ONG-Hospitaleros-Sin-Fronteras-Sarria
4 Dec 2025

A Cruz Vermella de Sarria prepara un acto de recoñecemento á ONG Hospitaleros sen Fronteiras polo seu intensa labor social e humanitario, especialmente polo labor desenvolvido en Senegal durante os últimos anos.

A entidade será protagonista da XXV Cea-Baile de Irmandade, unha gala anual na que se pon en valor o compromiso solidario de persoas e organizacións do municipio.

O evento terá lugar o 13 de decembro de 2025 ás 21:30 horas, nas instalacións da Sociedade Cultural e Recreativa La Unión, onde se reunirá unha ampla representación do voluntariado e da comunidade local.

Durante a velada tamén se realizará un recoñecemento In Memoriam a Jorge López Rodríguez e Ángel Rodríguez Liz, lembrados pola súa dedicación constante e a súa colaboración estreita coa Cruz Vermella de Sarria.

Desde a organización destacan o desexo de contar coa presenza da veciñanza para acompañar un momento especial no que se visibiliza o traballo humanitario que Hospitaleros sen Fronteiras desenvolve en distintos territorios.

⚙ Configurar cookies
0.071150064468384