Curso de iniciación ao toque con lata de pementón en Sarria

SarriaXa
El 27 de marzo Sarria acogerá un curso de iniciación al toque con lata de pimentón. Será impartido por Roberto Rodríguez.
obradoiro peleriños sarria
18 Mar 2022

Roberto Rodríguez, mestre de canto e pandeireta de Peleriños, impartirá un obradoiro de iniciación ao toque coa lata de pementón no que se fará un achegamento inicial ao emprego da lata de pementón no repertorio de cantares para o baile solto e agarrado en Galicia.

O obradoiro nesta ocasión será para adultos previa inscrición no 693 299 292 antes de hoxe, 18 de marzo. O custe para os socios será de 5 euros mentres que para os non socios será de 10 euros.

O obradoiro será impartido na Casa da Cultura de Sarria o día 27 de marzo de 17.00 a 19.30 horas.

PELERIÑOS
No ano 1996 nacía en Sarria a asociación cultural Peleriños, que tomou o seu nome do carácter xacobeo da localidade. Vintecinco anos despois, o colectivo é un dos referentes na divulgación do folclore tradicional galego. Con máis de 250 socios e preto de 90 compoñentes nas escolas de música e baile, o colectivo mantén intacta a ilusión e presume de ser unha gran familia encabezada por Pura García, a fundadora da asociación e da que, din, segue a ser a alma do grupo.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.1782329082489