Curuxan Teatro presenta maña en Sarria o seu espectáculo de improvisación

SarriaXa
A compañía Curuxan Teatro presenta maña ás 20.00 horas en Sarria o seu espectáculo de improvisación para tódolos públicos
curuxan1
24 Sep 2022

Maña domingo ás 20.00 horas terá lugar na Casa da Cultura do concello de Sarria, a representación de A lenda de Xián, da man da compañía Curuxan Teatro.

Esta obra enmárcase dentro da Mostra Iván Tourón Morais que se está a celebrar no municipio durante os meses de setembro e outubro, en homenaxe ao recentemente falecido director da Escola Xela Arias.

Curuxan Teatro presentan o espectáculo coma unha nova aventura impro na que o público é o que decide os acontecementos que teñen lugar e onde eles mesmos marcan o desenvolvemento da trama (xa que é o público quen escolle personaxes e sucesos, e os actores son os que resolven a trama, por iso ata o final non se coñece como remata a historia).

Esta asociación cultural busca facer das artes escénicas e audiovisuais un vehículo para mellorar a calidade de vida das persoas que se dedican a elas.

Con esta nova forma de facer teatro, Curuxan non se centra só nunha actividade artística en concreto senón que os seus integrantes participan tamén na rodaxe de curtametraxes, na creación de anuncios ou na organización de cursos de cine.

Nesta clara aposta pola improvisación, non se segue un guión establecido. É esta improvisación a que se converte nun formato idóneo para captar a un público que habitualmente non adoita consumir teatro convencional. Con este formato, nunca dúas actuacións son iguais, polo que o efecto sorpresa está garantido.

curuxan teatro sarria
0.13242101669312