Da comezo a redacción da segunda fase do plan básico municipal do Concello de Samos

SarriaXa
Da comienzo la redacción de la segunda fase del plan básico municipal del ayuntamiento de Samos. Este trabajo supone un coste de 74.463 euros.
concello samos
8 Xan 2022

Iniciada a redacción da segunda fase do plan básico municipal de Samos. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda acaba de adxudicar os contratos do acordo marco para o servizo de redacción deste instrumento de ordenación, pensado para os concellos de menos de 5.000 habitantes.

O importe global dos contratos supera os 220.000 euros sendo para o Concello de Samos un total de 74.463 euros.

Cómpre lembrar que a financiación dun plan básico municipal é unha das vías da Xunta de Galicia para apoiar ás administracións locais na meta de contar cunha ferramenta que lles garanta unha ordenación responsable e sustentable do seu termo municipal e que está recollida na Lei do solo.

A adxudicación deste contrato é a continuación dos traballos necesarios para obter a cartografía das 36.890 hectáreas que suman estes tres concellos, que xunto co resto da segunda fase se unirán á listaxe xa formada por outros nove: Ribeira de Piquín, Riotorto, Trabada, Triacastela, Cartelle, Padrenda, Porqueira e San Xoán de Río; que tomaron como modelo e exemplo o plan básico do Páramo, redactado e impulsado pola Xunta. Estes concellos da primeira fase continúan avanzando na súa tramitación, tras acadar xa a aprobación inicial dos seus respectivos PBM.

A Xunta defende que o urbanismo é unha tarefa que precisa do traballo de todos, por iso seguirá ao carón das administracións locais concedendo 3,2 millóns de euros en 2022 en axudas para a redacción dun PXOM ou para a elaboración dun plan básico, tal e como fai cos 18 concellos que apostan polo mesmo, así como prestando o apoio e asesoramento técnico que necesiten.

O obxectivo do Goberno autonómico é acadar que todos os concellos galegos conten cun planeamento que protexa e poña en valor a paisaxe, o territorio e o urbanismo.

0.079901933670044