Dame Ke Fume presentará o seu álbum The Eskarallas no Buril de Sarria este sábado

SarriaXa
As persoas interesadas en desfrutar deste concerto de rock, poderán achegarse este sábado, 14 de decembro, ao Buril a partir das 22.00 horas
Dame-Ke-Fume
13 Dec 2024

O local do Buril ACDE acolle este sábado, 14 de decembro, un novo evento musical para o desfrute da sociedade sarriá.

Así, virán desde Mallorca a Sarria os integrantes da banda Dame Ke Fume para presentar o seu álbum The Eskarallas, xunto ao grupo tamén de Mallorca The Kagues.

As persoas interesadas en desfrutar deste concerto de rock, poderán achegarse este sábado, 14 de decembro, ao Buril a partir das 22.00 horas e pagar un custo de 12 euros.

⚙ Configurar cookies
0.81931304931641