Dan comezo as clases de zumba en Triacastela

SarriaXa
El ayuntamiento de Triacastela cerró el plazo y dará comienzo hoy a las clases de zumba que se impartirán en el colegio Eduardo Cela Vila.
castiñeiro ramil
5 Abr 2022

Hoxe, martes 5 de abril dan comezo as clases de zumba que o Concello de Triacastela puxo a disposición dos seus veciños. As clases impartiranse todos os martes de 20.00 a 21.00 horas no polideportivo do Colexio. O prezo é de 25 euros ao mes.

Aquelas persoas interesadas nesta actividade tiveron que anotarse chamando ao Concello ante do pasado venres 1 de abril.

Zumba é unha disciplina fitness creada a mediados dos anos 1990, está enfocada a manter un corpo saudable e a desenvolver, fortalecer e dar flexibilidade ao corpo mediante movementos de baile combinados cunha serie de rutinas aeróbicas.

Este tipo de actividades promoven os hábitos saudables e ademais fomentan a socialización entre os veciños.

0.17308306694031