Dani García chega hoxe a Triacastela co seu espectáculo Gadalka

SarriaXa
Dani García chega hoxe ao concello de Triacastela co seu espectáculo Gadalka, un espectáculo de rúa para tódolos públicos
dani garcia triacastela portada
dani garcia triacastela portada
28 Ago 2022

Dani García, o gañador de premios como o Michigan Magic Day, o Close Up Contest IBM Rising de St. Louis ou o TAO M Texas en USA, estrea unha marabillosa proposta inspirada nas feiras e barracas clásicas.

Actuará hoxe no municipio de Triacastela ás 13.00 horas na praza da Deputación, no ciclo Cultura no Camiño, e a entrada será gratuíta. Alí presentará o seu novo espectáculo “Gadalka”.

Gadalka é unha incrible cabina como as dos videntes e autómatas das feiras que poderás visitar en grupos reducidos onde atoparás unha máxica sorpresa. Trátase dun novo concepto de espectáculo de rúa onde a audiencia achégase a desfrutar da maxia de preto.

En Gadalka, Dani García crea un espazo único no que poder ver un asombroso número de maxia realizado por un fascinante personaxe.

dani garcia triacastela
0.14059901237488