Darío Piñeiro, alcalde de Láncara, retírase por un tempo indeterminado por mor da saúde

SarriaXa
O tenente de alcalde, Pablo Rivera Capón, asumirá as funcións do rexidor, que confía no esforzo e compromiso do seu equipo de traballo no Concello de Láncara
alcalde-de-Láncara,-Darío-Piñeiro
17 Jul 2025

O alcalde de Láncara, Darío Antonio Piñeiro López, vén de informar á veciñanza de que se retira durante un tempo indefinido por mor da saúde.

Nunha carta feita pública nas súas redes sociais, informaba de que ía estar afastado da política local debido a unha operación, pero que, ademais, os médicos lle diagnosticaran un cancro de pel, feito polo cal recoñece estar "moi asustado".

Por iso, dixo que a súa ausencia se prolongará durante un tempo indeterminado, no que Láncara "quedará nas mellores mans, o tenente de alcalde Pablo Rivera Capón e un gran equipo de conselleiros e conselleiras, traballadores e funcionarios, cuxo esforzo e compromiso son vitais para a vila".

E concluíu que "a calidade humana de Láncara é un tesouro que me dá forza e ánimo para afrontar o que vén e agradezo o apoio que sempre me brindastes".

⚙ Configurar cookies
0.064925909042358