Darío Piñeiro renova o seu mandato con maioría absoluta e sumando un concelleiro con respecto a 2019

SarriaXa
Darío Piñeiro renova o seu mandato en Láncara con maioría absoluta e sumando un concelleiro con respecto a 2019
Alcalde Lancara, Jose Tome
29 Maio 2023

Darío Piñeiro renova o seu mandato co Partido Socialista por catro anos máis despois de conseguir a maioría absoluta nas eleccións municipais de 2023 con 7 concelleiros, sendo 6 a barreira para conseguir a absoluta.

Das 2.174 persoas censadas no municipio, votaron 1.724, o 79,30 %. Así, o PSOE conseguiu 932 votos, mentres que o PP acadou 500 e o BNG 248.

Así, conseguiu o seu obxectivo: ampliar a maioría acadada hai catro anos, xa que nos comicios do 2019 conseguira 6 concelleiros e, nesta, un máis. Así, seguirá sendo alcalde, como o leva facendo desde a lexislatura de 2007, arroupado polos socialistas, quen lle deron de novo a súa confianza para presentarse como cabeza de lista xunto con outras dez persoas, que seguirán levando a Láncara o proxecto do PSOE.

Por isto, Piñeiro quixo agradecer aos lancareses "por confiar en mí, no meu traballo -erros sempre hai, pero se foron resolvendo- e na miña ilusión de que Láncara siga crecendo e vai crecer". Tamén quixo dar as grazas ao seu equipo polo seu traballo e colaboración "desinteresada", así como membros da lista, afiliados , simpatizantes e amigos.
0.17414808273315