Darío Piñeiro vai a polo seu quinto mandato en Láncara

SarriaXa
Darío Piñeiro vai a polo seu quinto mandato en Láncara despois de gañar as eleccións municipais de 2023 que se celebraron o domingo
PSOE Láncara
1 Jun 2023

Nas eleccións municipais deste ano 2023 acadou mellores resultados que nas de 2019, acadando un concelleiro máis

O Partido Socialista de Láncara, encabezado unha vez máis por Darío Piñeiro, foi elixido por maioría absoluta pola veciñanza lancaresa, que depositou 932 votos socialistas nas urnas.

Así, Piñeiro renova o seu mandato no municipio da comarca sarriá, cargo que ostenta desde o ano 2007, cando gañou por primeira vez as eleccións polo Partido Socialista.

Con respecto a 2019, meses comicios conseguira 6 concelleiros, que lle deron a maioría absoluta, e nos deste ano aumentou o seu éxito cun concelleiro máis, 7, pasando a barreira da absoluta.

Así, seguirá sendo alcalde, como o leva facendo desde a lexislatura de 2007, arroupado polos socialistas, quen lle deron de novo a súa confianza para presentarse como cabeza de lista xunto con outras dez persoas, que seguirán levando a Láncara o proxecto do PSOE.

Piñeiro quixo agradecer aos lancareses “por confiar en min, no meu traballo -erros sempre hai, pero se foron resolvendo- e na miña ilusión de que Láncara siga crecendo e vai crecer”. Tamén quixo dar as grazas ao seu equipo polo seu traballo e colaboración “desinteresada”, así como membros da lista, afiliados, simpatizantes e amigos.

CONCELLEIROS ELECTOS

  • Darío Piñeiro López PSOE
  • Pablo Rivera Capón PSOE
  • José Manuel García Aldegunde PSOE
  • Emilia Fernández Seijo PSOE
  • Miguel Rodríguez Abad PSOE
  • Diego Balboa Amado PSOE
  • Alba María Sangil De Andrés PSOE
  • Olga Capón Moreno PP
  • Marcos Míguez Martínez PP
  • Luis Miguel Losada Matos PP
  • Iago Bande Cortizo BNG

Por outra parte, das 2.174 persoas censadas no municipio, votaron 1.724, o 79,30 %. O PSOE conseguiu 932 votos, mentres que o PP acadou 500 e o BNG 248. Estes datos materializáronse en 3 concelleiros para o PP, un menos en nas eleccións de 2019, e un para o BNG, polo que o panorama do goberno lancarés queda case igual que estaba.

Olga Capón, cabeza da lista popular en Láncara e filla do histórico rexedor da localidade, Eladio Capón; presentábase por primeira vez como alcaldable e, tralos resultados, quixo dar grazas a todos os veciños que votaron ao partido azul, así como desde o partido en xeral trasladaron os seus parabéns aos socialistas polos resultados.

“Dende o partido popular agradecemos o compromiso, a valentía, o esforzo e a ilusión de cada membro do equipo do PP de Láncara, un equipo unido que fará todo o posible para que o noso Concello non se quede atrás, e estará para escoitar e axudar a todos e todas”, sostiveron desde o equipo popular.

Pola súa parte, Iago Bande, candidato do BNG en Láncara, manterá a súa concellería para seguir á fronte da oposición en Láncara.

lancara 2019 2023
0.14434099197388