David Méndez encherá O Páramo coa súa maxia

SarriaXa
David Méndez encherá O Páramo coa súa maxia co espectáculo Maxia de aquí e de acolá que terá lugar ás 18.30 horas
maxia david mendez oparamo portada
29 Sep 2022

Maña venres 30 de setembro, pequenos e maiores poderán desfrutar a partir das 18.30 horas do espectáculo de maxia que dará David Méndez na Casa do Concello de O Páramo, Maxia de aquí e de acolá.

O seu espectáculo é o resultado dunha mestura entre maxia, comedia e improvisación, onde a participación do público está presente en todo momento.

Unha escenificación máxica versátil e áxil que transmite habilidade e enxeño usando elementos cotiáns e tradicionais coma un ovo, unha corda, unha mesa, froitas … elementos que poden emerxer da nada, esvaecerse, levitar ou incluso trocar de aparencia. En definitiva, unha actividade para toda a familia.

AS ORIXES

David Méndez é un mago e conferencista motivacional, especialista en temas de desenvolvemento humano e empresarial. Está centrado non só nos seus números de maxia senón en dar conferencias con mensaxes de alto impacto que adoitan calar fondo nos seus participantes.

David Méndez impartiu conferencias relacionadas con temas de liderazgo, traballo en equipo, creatividade, manexo de conflitos, produtividade intelixente, ciencia e maxia, empregando estratéxicamente a neuromaxia para acadar un alto contido emocional e visual, creando unha profunda e unha invitación ao cambio, á acción e á toma de conciencia de que cada un de nós contribúe a mellorar o noso entorno.

El mesmo afirma que “Se queres cambiar a túa situación, debes comezar cambiando dende o teu interior, só entón verás o resultado como por arte de maxia”.

maxia david mendez oparamo

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15382409095764