Deimi Varela, o Mago Paco e o Mago Iago estarán no Festival Internacional de Maxia Vila de Sarria

SarriaXa
O organizador do evento, Roberto Lolo, anuncia a estes tres artistas convidados, que estarán en Sarria do 22 ao 25 de agosto
Festival-maxia-Sarria
30 Jun 2024

Roberto Lolo, mago e organizador do XIX Festival Internacional de Maxia Vila de Sarria que terá lugar entre o 22 ao 25 de agosto na vila, anuncia os tres seguintes artistas confirmados.

O primeiro é Deimi Varela que vén por primeira vez ao Festival de Sarria, aínda que leva anos dedicándose á profesión. "Bo profesional, que sen dúbida se merece estar, demostrar o seu bo facer, e que seguro cativará ao público que ao debutar aquí, recibirao con moito agarimo", explica o organizador.

O segundo é un experto en maxia infantil, "onde está o seu forte e fará as delicias dos máis chiquitines da casa", explica Roberto Lolo, di que estar "súper agradecido pola súa colaboración e o querer vir a Sarria para dar o mellor de se mesmo" Este é o Mago Paco.

E o terceiro debutou en Sarria hai 5 anos, con 6 aniños nada máis. "Divírtese, divírtenos, mostra o seu talento e nós gozámolo", defende Lolo, que engade que "o ano pasado, as súas bágoas ao terminar o Festival, demostráronme o agarimo inmenso que nos ten". Este será o Mago Iago, que sempre prepara algo novo para Sarria.

0.10049605369568