Demetrio Salgueiro e José Ángel Santos ocuparán a viceportavocía do Grupo Provincial Popular

LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa
Desde o PP aproveitaron esta reunión para organizar o traballo do equipo provincial na zona máis occidental da Mariña lucense
demetrio-e-jose-angel
17 Jul 2024

Os deputados populares Demetrio Salgueiro e José Ángel Santos ocuparán a viceportavocía primeira e segunda, respectivamente, no novo reparto de función do Grupo Provincial Popular trala saída de Carmen José López que, ata agora, exercía de vicevoceira primeira.

O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, explica que este novo reparto de funcións “é o resultado do consenso dentro do equipo e ten como obxectivo favorecer o desenvolvemento do traballo do mellor xeito e cunha rigorosidade máxima”. Antonio Ameijide referenda esta decisión do Grupo Popular e afirma que “son as persoas idóneas para asumir estas funcións dado o seu amplo coñecemento da xestión municipal, do funcionamento da Deputación e da provincia de Lugo”.

Este acordo de todos os deputados populares realízase na procura “do mellor para a provincia” xa que “tal e como dixemos dende o día que tomamos posesión realizamos unha oposición construtiva, dando prioridade aos intereses de todos os veciños da provincia”.

Así mesmo aproveitaron esta reunión para organizar o traballo do equipo provincial na zona máis occidental da Mariña lucense, participando nesta reunión representantes alcaldes e voceiros do entorno. “O motivo de descentralizar as reunións de traballo e desprazar a todo o grupo provincial de xeito habitual pola provincia é coñecer de primeira man a situación real de cada comarca o que reforza a relación de apoio do Grupo provincial co resto de grupos municipais e compañeiros da provincia”, sinalou.

0.14498090744019