Dende o PP de Sarria instan ao goberno a limpar o río Celeiro
SarriaXa
O Partido Popular de Sarria denuncia o estado de "abandono" no que se atopa o río Celeiro e insta ao goberno local a limpalo.
9 Jun 2021
O grupo municipal do PP de Sarria denuncia o mal estado no que se atopa o río Celeiro en Sarria, na zona da Estación. Así pois, dende o Partido Popular instan ao goberno local a limpalo e lamentan "a imaxe de Sarria para os peregrinos que se incorporan ao Camiño dende a estación de ferrocarril".
Ademais, defenden que o cauce do río é tapado pola vexetación, algo que reflexa "abandono e desidia no mes de San Xoán". Así mesmo tamén consideran que presenta unha imaxe de abandono o paseo de Celeiro.