‘Dende Sarria cara ó mundo’, o programa de conciliación de Sarria para este verán

SarriaXa
O Concello de Sarrria vén de anunciar que desde o vindeiro 1 de xullo e ata o 30 de agosto levará a cabo o programa de conciliación de verán
sarria-concilia
31 May 2024

O Concello de Sarrria vén de anunciar que desde o vindeiro 1 de xullo e ata o 30 de agosto levará a cabo o programa de conciliación de verán baixo o nome de ‘Dende Sarria cara ó mundo’, no que se ofertan 620 prazas para nenos e nenas de entre 4 e 10 anos.

Este ano, o programa terá como eixo a interculturalidade e organizaranse diferentes actividades arredor deste tema, tanto para os máis pequenos de Infantil, que estarán no Ceip Frei Luís de Granada, e para os de Primaria, que desenvolverán as actividades no IES Gregorio Fernández.

Este programa divídese en tres servizos con diferentes horarios: Madrugadores, de 7.30 a 9.30 horas; Ludoteca, de 9.30 a 14.00 horas; e Friameira, de 14.00 a 15.30 horas. Ademais, ofértanse 155 prazas por quincena (75 de Infantil e 80 de Primaria) e dividiranse tamén en grupos que irán guiados por un monitor.

Entre as actividades, destacan os talleres, as excursións, e outros actos e eventos, segundo a idade dos nenos e nenas, e as familias estarán implicadas desde o principio e ata o final do programa.

0.15009999275208