Descubrindo o patrimonio: O Pazo de Neira

SarriaXa
Descubrindo o patrimonio: O Pazo de Neira situado no municipio do Páramo da comarca de Sarria e con moito pasado
Pazo de Neira
8 Abr 2023

O Pazo de Santa Magdalena, ou máis coñecido como Pazo de Neira, está no Concello do Páramo, á beira do río Neira, a 15 quilómetros de Sarria, 16 de Portomarín e 17 de Lugo.

Esta construción patrimonial foi unha antiga fortaleza, que agora é Pazo, e está datada de 1498.

Na leira de dúas hectáreas onde está situada había un castro celta, sobre o que se construíu a fortaleza.

Creouse como unha fortaleza defensiva na que a peza principal era a torre, que actuaba como un forte medieval de defensa e hoxe ocupa unha das esquinas do Pazo.

Na súa fachada pódese apreciar un escudo con catro cuarteis, de forma cortado e partido.

O primeiro cuartel ten unha aspa con dúas veneras, unha superior e outra inferior, mentres que o segundo cuartel ten unha árbore cunha rama que sae á esquerda do tronco e nela un ave pousada.

Pola súa parte, o terceiro cuartel acolle unha banda ou barra inclinada, e o cuarto ten un león rampante.

Construción actual

Na actualidade, está edificado en forma de L e contén tres partes diferenciadas.

Por unha parte está a torre, que foi construída a tres alturas, pero houbo un incendio no século XVIII ou XIX e quedou á altura da segunda parte, o Pazo en si, coas habitacións; e a terceira parte, un alpendre, onde estaba o servizo, a cociña e a cuadra.

Por outro lado, o Pazo está rodeado por un xardín grande que dá acceso á casa principal e privada con árbores centenarias.

Hoxe, o Pazo está en venta e o seu uso é principalmente turístico.

Importancia do Pazo de Neira

Esta casa-torre de Neira tivo unha importancia político social moi grande no territorio da antiga xuridiscción de Portomarín.

O documento máis antigo que se conserva na casa é de 1501 e nel menciónase ao capitán Pedro Díaz de Páramo, servidor dos Reis Católicos en distintos feitos de armas. O Pazo de Neira foi a casa principal da súa familia e da linaxe Neira.

A última linaxe que posuíu o Pazo, por descendencia de sangue, foi a de Cancio- Donlebún e Vázquez, de Asturias.

No Páramo, a non ser a casa de Neira, xa non queda ningunha descendencia da fidalguía.

Isto é debido ao trasladarse a fidalquía á cidade a partir do século XVII, polo que os señores venderon para soster o seu estado de fidalguía, o que motivou a súa erradicación do campo.

Pazo do Neira (2)
Pazo do Neira (5)
Pazo de Neira3
0.17455291748047