Descubrindo o patrimonio: Pazo Casa Grande de Láncara
O Pazo Casa Grande de Pobra de San Xiao, en Láncara, é da época medieval, en concreto do século XIV, e está construída unicamente con pedra, madeira e lousa.
Cunha superficie de 2.500 metros cadrados, está rodeado por unha gran leira en que se atopan cortes, cortellos, fornos, adegas, almacéns de gran e pombais; todo iso protexido por un muro de pedra. A arquitectura dos pazos era campesiña e monástica e adaptaba os elementos construtivos a todas as necesidades da vida.
O pazo atópase en perfecto estado de conservación e da súa construción destaca a característico torre de pedra pola súa antigüidade e o seu aspecto rústico.
Á esquerda da construción, incluída a torre, atópanse as estancias que se usaban para os nobres do pazo, para uso exclusivo dos señores da propiedade. Pola contra, o persoal de servizo do pazo vivía coa súa familia na zona dereita, con escaleiras e entrada independente da zona nobre principal e da entrada a cociñas e despensas, sen afectar a esa vivenda.
No patio central destacan os arcos de entrada e as escaleiras que dan acceso á área principal. Pola súa parte, a balconada central, sobre o portalón de entrada, está forxado con ferros das minas do Incio xa explotadas no medievo.
Estancias do pazo
Nesta edificación, cobra especial importancia a cociña de leña coa súa lareira e a despensa independente onde se desalaba e expoñían os xamóns, tiras de chourizos, morcillas e roxóns que se obtiñan nas matanzas de porco que se facían anualmente. Nesta estancia duns 200 metros cadrados, está equipada con todos os útiles necesarios para realizar os procesos das matanzas.
Por outra parte, na estancia de apeiros almacenábanse e gardaban útiles e ferramentas de traballo e labranza que se utilizaban na agricultura e coidado do gando.
No celeiro era onde estaba e onde se limpaba o gran de millo e unha das máquinas que se usaban, consérvase en bo estado. Mentres, a adega é un reflexo dos tempos de descanso de labregos e gandeiros que traballaban para o Pazo.
Con respecto aos cortellos, naquela época destinábanse a albergar o nacemento e crianza de poldros e tenreiros e, unha vez superada esa idade de crianza, pasaban aos cortellos xerais ou cortes fóra, onde gardaban carruaxes.
Ademais destas estancias, o pazo tamén acolle a capela, salóns, biblioteca, galería de estar, comedor principal, dormitorios e servizos.
A capela do Pazo e o sentido relixioso
A capela do Pazo, que naqueles tempos asentábase en comunicación coa casa, goza de permisos de sete Papas da Igrexa católica de Roma para oficiar misa e ter exposto o Santísimo Sacramento, ademais dunha reliquia da Santa Cruz.
Nela, atópanse grandes pinturas que representaban as distintas etapas do Vía-Crucis cara ao Calvario, como tamén retratos de personaxes relacionados con este Pazo.
Uso e propiedade do Pazo
Este Pazo Casa Grande foi totalmente autónomo grazas á agricultura e gandería que se levaba a cabo nas terras da súa propiedade e foi respectado durante a guerra dos Irmandiños entre agricultores, campesiños, gandeiros e a aristocracia medieval.
En canto á propiedade do pazo, orixinariamente foi de D. Luís Fernando Quiroga e Piñeyro, casado con Dna. Mª Eugenia Ferro das Heras; e sempre estivo en mans dos devanceiros da familia Quiroga a través de personaxes ilustres e de relevancia social e política.
Os actuais propietarios do Pazo doaron ao pobo, a través do Concello de Láncara, toda a extensión e recintos da feira, unha superficie onde aínda se celebran con as feiras quincenais que caracterizan a cultura rural de Galicia.