Desde a SD O Páramo seguen confirmando renovacións e fichaxes de xogadores
O equipo de fútbol do Páramo, a SD O Páramo, segue informando de novas renovacións e altas no seu cadro de xogadores.
Desta maneira, Miguel Ares confírmase como outro dos pilares defensivos do equipo na tempada 24/25, xa que é un “xogador novo que leva varias tempadas con nós e seguirá sendo un seguro na defensa, xa que é un pracer contar contigo, Miguel”, defenderon desde o club.
Pola súa parte, anunciaron a fichaxe de Ricardo Mendoza, que será a segunda cara nova do equipo e que estivo no CP Calasancio de Monforte e na SD Sarriana.
Con respecto a outras renovacións, volverán contar con Joni Lopes, sumando 4 tempadas como xogador; renovaron tamén Dani, que “seguirá aportando un despregamento físico e bo golpeo de balón no medio campo”, explican; tamén estará na vindeira tempada Antón, que “seguirá a ser unha dor de cabeza para as defensas rivais”, din; Hugo Gallego, que “seguirá a aportar equilibrio e gol no centro de campo”; e Chivas, “que aportará solidez na defensa do equipo”, conclúen.