Desde o BNG do Páramo denuncian a situación do Goberno local
SarriaXa
A situación no centro de saúde “segue igual” a pesar de que hai un ano que os nacionalistas fixeran unha manifestación fronte ao ambulatorio para pedir máis médicos
6 Nov 2024
Desde o BNG do Páramo denuncian a situación do Goberno local, cuxa acción está “totalmente parada”. O único que se fixo nos últimos meses, din, “é o da recollida de alimentos para mandar a Valencia”.
Porén, explican, a situación no centro de saúde “segue igual” a pesar de que hai un ano que os nacionalistas fixeran unha manifestación fronte ao ambulatorio para pedir máis médicos. “En agosto houbo días en que non había ningún médico e a xente quéixase”, explican.
De normal, hai un médico no centro de saúde e outro que vai dous días á semana catro horas. “A xente protesta na sala de espera porque hai días que tardan moito en atender á xente”, comentan.