Destinaranse 30.000 euros á Ruta do Camiño Vello de Aldosende

SarriaXa
Destinaranse 30.000 euros á Ruta do Camiño Vello de Aldosende cunha aportación concedida pola Xunta e financiada cos fondos de Endesa
Ruta Aldosende Paradela
8 Xuño 2023

A Ruta do Camiño Vello de Aldosende de Paradela será mellorado ao instalar nova sinalización que completará a xa existente con máis paneis e indicadores en puntos de interese.

A Axencia de Turismo de Galicia destinará 30.000 euros para acometer estes traballos e mellorar a ruta que vai desde o núcleo de Aldosende e a desembocadura do río Loio.

Esta ruta foi construída co obxectivo de recuperar o antigo camiño que comunicaba Portomarín co núcleo de Aldosende de Paradela para poñer en valor a zona e supuxo un desembolso de 150.000 euros a cargo de Enel Green Power, a filial de enerxías renovables de Endesa no marco da posta en marcha do parque eólico Serra das Penas.

Así mesmo, a ruta está habilitada desde 2020 e homologada pola Federación Galega de Montañismo, a segunda habilitada no municipio paradelense despois da do Loio-Ruxidoira.

0.18069314956665