DHG Team de Sarria abre a preinscrición para a súa escola no novo curso

O DHG Team de Sarria anunciou a apertura da preinscrición para a tempada 2025-26 da súa escola de BTT, un espazo formativo e lúdico pensado para que os nenos e nenas aprendan e gocen do ciclismo en todas as súas modalidades: XC, Enduro e DH, sempre baixo a supervisión de monitores titulados.
A escola está orientada a nenos e nenas a partir dos 5 anos, sendo requisito saber andar sen ruedíns, e os grupos organízanse por idade e nivel. Para os maiores de 14 anos, haberá unha clase específica de Enduro e DH con remonte cada sábado pola mañá.
As clases desenvolveranse os mércores, venres e sábados, con horarios adaptados a cada grupo de idade, e os prezos comezan desde 25 euros ao mes, incluíndo seguro e ficha federativa. A actividade dará comezo en outubro.