Diana Rodeiro pintou no CEIP Antonio Fernández López de Oural un mural en homenaxe a Rosalía de Castro

SarriaXa
Diana Rodeiro pintou no CEIP Antonio Fernández López de Oural un mural en homenaxe a Rosalía de Castro coa colaboración da Deputación
rosalía de castro no colexio de Oural Sarria
18 Xul 2023

O CEIP Antonio Fernández López de Oural, do Concello de Sarria, conta cun dos dezaoito murais en homenaxe a Rosalía de Castro en centros educativos que promove a Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Por esta razón, o vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, e a deputada de Cultura, Iria Castro, visitaron este centro educativo onde a muralista Diana Rodeiro 'Nana' realizou unha das intervencións artísticas homenaxe a Rosalía de Castro promovidas pola área de Cultura.

Nas últimas semanas, a artista compostelá pintou a súa obra no IES de Monterroso e no CEIP Ricardo Gasset do Incio, e continuará ao longo do vindeiros meses no IES Lois Peña Novo de Vilalba, no CEIP de Castroverde, no CEIP Península da Paz de San Cibrao, en Cervo, no CEIP de Navia de Suarna, no CEIP Rosalía de Castro de Mosteiro, en Pol.

Ademais, Sandra Lodi e Lara Torres tamén realizan obras en homenaxe a Rosalía de Castro en centros educativos das distintas comarcas, contribuíndo a popularizar a súa figura como referencia cultural e feminista. En total, ao longo do ano faranse 18 murais. As actuacións dan continuidade á iniciativa desenvolvida nos últimos tres anos pola área de Cultura, sumando máis de medio cento de intervencións artísticas de homenaxe a Rosalía.

0.11560797691345