Diego López é o novo coordinador comarcal do PSdeG-PSOE de Sarria

SarriaXa
O concelleiro local asume o compromiso de reforzar a unidade e o impulso do partido na comarca para afianzar o proxecto socialista
Diego-López-PSOE-Sarria
21 Jul 2025

Desde o ano 2015, Diego López forma parte do Concello de Sarria como concelleiro, unha experiencia que agora lle serve para afrontar un novo desafío: a coordinación comarcal do PSdeG.

Co obxectivo claro de dinamizar o partido a nivel comarcal, López aposta por fortalecer a comunicación e a colaboración entre as diferentes agrupacións locais, promovendo o intercambio de ideas, a identificación de necesidades comúns e o desenvolvemento de propostas que contribúan ao futuro da comarca.

O novo coordinador amosa un compromiso firme co municipalismo e destaca a importancia do traballo en equipo para consolidar un proxecto que represente os intereses e as inquietudes da veciñanza. Para el, a comarca de Sarria debe camiñar unida para seguir avanzando nunha senda de progreso e mellora social, económico e cultural.

“En Sarria as melloras, o progreso e os avances sempre viñeron da man do PSdeG, e seguimos aquí para continuar coa labor”, sinala López, quen subliña a vontade de construír pontes entre os distintos municipios da comarca para facer do PSdeG unha forza unida e con capacidade para responder aos retos actuais.

⚙ Configurar cookies
0.16163802146912