'Do tempo das Luces', un percorrido fotográfico polos 200 anos de historia de Paradela

SarriaXa
“Do tempo das luces” é unha exposición de 26 paneis con 725 fotos de Paradela e as súas xentes que permanecerá aberta ata o final deste ano
Cartel exposicion tempo das luces
13 May 2022

O Concello de Paradela celebra, despois de dous anos sen poder facelo pola pandemia do Covid-19, os seus primeiros 200 anos de existencias e faino con moitos actos e actividades.

Así, este domingo 15 de maio poderase gozar do primeiro deles dentro da XXXI Feira do Ano e Festa de San Cidre. Será unha importante exposición de 26 paneis con 725 fotos de Paradela e as súas xentes, que permanecerá aberta ata o final deste ano.

A exposición Do tempo das luces vén a poñer de manifestó, en palabras dos seus promotores, que “as luces dos tempos modernos iluminaron Paradela hai douscentos anos, tempo aquel no que o dominio da luz permitiu obter e gardar imaxes da vida”, nacendo a arte-ciencia da fotografía.

Esta mostra, promovida polo Concello de Paradela e realizada polo Colectivo Egeria, conta co patrocinio da Xunta de Galicia, o Xacobeo 21-22 e Endesa.

A exposición, composta por seis bloques de seis paneis cada un, comeza por reflectir aos máis novos, no Colexio ou na familia; o papel da parroquia na vida das persoas: bispos e cregos, bautizos, enterros, vodas, procesións…

Oito paneis reflicten a Xente nosa, de antes e de agora, para logo destacar a Paradela musical, Terra, xente, actos e institucións, feiras e festas, deportes, a vida no rural ou as imaxes que chegaban de fóra (do Servizo Militar ou da Emigración), e un percorrido polas parroquias do concello, co titulo de De fe, arte e historia.

A mostra está acompañada dun catálogo co total das imaxes expostas, para que os visitantes o poidan levar ás súas casas, nunha publicación que lembra o primeiro achegamento a un posible Arquivo Fotográfico de Paradela.

0.096441984176636