Domingo dramático no Concello de Sarria
Este domingo 5 de decembro a Casa da Cultura de Sarria acollerá a obra de teatro A lúa vai encuberta das compañías Incendaria e A quinta do cuadrante.
A obra dará comezo as 19.30 horas e a entrada é libre ata completar aforo.
Non dubides en achegarte a Casa da Cultura para pasar un bo rato.
É a primeira vez que esta montaxe se leva á escena de xeito profesional. Trátase dunha peza de teatro documental na que as compañías levan a cabo un diálogo coa historia máis recente de Galiza.
SINOPSE
A lúa vai encuberta é un espectáculo arredor da realidade galega e da loita incesante por conformar unha identidade propia, confrontándonos co noso pasado recente e as suas contradicións, desvelando un discurso que hoxe en día está sendo, senón ocultado, silenciado e que explica, en certa maneira, as razóns de por que hoxe en día o noso país ten os trazos políticos, sociais e económicos que o caracterizan.