Dous responsables autonómicos visitaron e puxeron en valor o centro de atención a persoas con discapacidade de Sarria
A Xunta puxo en valor o traballo que se realiza no centro público de atención a persoas con discapacidade de Sarria, que visitou no día de onte o o delegado territorial Javier Arias e a directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, e o delegado territorial, Javier Arias.
Os dous responsables autonómicos aproveitaron a visita para poñer en valor o traballo que realizan os profesionais deste recurso, composto por 172 traballadores e 117 usuarios, así como a implicación da familias.
O director do organismo, Luis Pardo, aproveitou a ocasión para anunciar que o CAPD contará o ano que vén habitacións intelixentes para mellorar a seguridade dos usuarios, incorporando sensores nas camas e nas portas para detectar caídas. O sistema dará así un aviso de alarma ao módulo correspondente.
O CAPD incluíu hai un mes un novo aparato de movemento na área de fisioterapia para aumentar a interacción e autonomía das persoas usuarias e a partir de xaneiro recibirán un curso de formación para poder usala.
Ademais, tamén estiveron acompañados da portavoz popular de Sarria, Carmen José López, quen tamén puxo en valor este centro de referencia para o traballo que se desenvolve coas persoas con discapacidade.