Dúas asociacións do Páramo recibiron dúas axudas da Deputación de Lugo para acometer melloras
SarriaXa
A Deputación Provincial de Lugo concedeu dúas subvencións a dúas entidades do Concello de O Páramo, así como o explican desde o PSOE do Páramo, que din que "coa Deputación de Lugo, O Páramo avanza".
2 Xan 2024
A Deputación Provincial de Lugo concedeu dúas subvencións a dúas entidades do Concello de O Páramo, así como o explican desde o PSOE do Páramo, que din que "coa Deputación de Lugo, O Páramo avanza".
Así, 6.000 euros irán dedicados á Mancomunidade de Veciños do Monte Comunal do Faro de Friolfe co fin de acometer obras de acondicionamento área de descanso 'Tras da Chousa'.
Pola súa parte, tamén se concenderon 6.000 euros para a Asociación de Veciños de San Xoán de Friolfe para levar a cabo a obra Vallado campo da festa de Friolfe.
Desde o PSOE animan ás demais asociacións do Páramo a que "se animen a solicitar ditas axudas, cando sexan convocada en tempo e forma" a así aproveiten a posibilidade de mellorar a vida das parroquias.