Dúas edificacións foron restauradas no Páramo para destinalas a casos de necesidade social

SarriaXa
A vivenda reitoral de Piñeiro e a escola de Moscán, ámbalas dúas no Páramo, veñen de ser restauradas polo Concello co fin de destinalas a casos de necesidade social.
vivendas sociais O Paramo
17 Out 2023

A vivenda reitoral de Piñeiro e a escola de Moscán, ámbalas dúas no Páramo, veñen de ser restauradas polo Concello co fin de destinalas a casos de necesidade social.

Concretamente, a reitoral de Piñeiro foi reformada co traballo do alumnado dun taller de emprego, quen reformou a estrutura, mentres que na escola de Moscán dedicouse unha subvención da Xunta de Galicia de 45.000 euros para a súa rehabilitación.

Así, a escola de Moscán, que contaba con diversas aulas, poderá servir no futuro para albergar vivendas sociais a baixo custo para persoas que queiran ir vivir ao Páramo.

Pola súa banda, os sete alumnos que participan do taller de emprego que actúa no Páramo, o Ponte de Areas VI, repartido tamén co Corgo e Guntín, restauraron a casa reitoral de Piñeiro que comprara o Concello para casos de emerxencia social, cambiando o forxado, illando a casa por fóra e por dentro, pintándoo e tamén establecendo no seu interior distintas estancias para poder servir como casa.

0.1741349697113