Dúas empresas interesadas no contrato de renovación eléctrica de Samos

SarriaXa
Dos empresas presentaron sus propuestas a la licitación del contrato energético y de cambio de luminarias de Samos.
concello samos
4 Mar 2022

O Concello de Samos recibiu varias ofertas no proceso de licitación para a renovación de luminarias. O mantemento eléctrico e o subministro de enerxía.

En concreto, foron dúas as empresas as que mostraron interese despois de que unha das firmas presentara un recurso que finalmente foi rechazado polo Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia que lle deu a razón ao Concello. Esta era a segunda alegación que recibía este contrato, sendo a primeira aceptada o que supuxo unha modificación nos pregos do mesmo.

As empresas puideron realizar as súas ofertas ata o día 21 de febreiro. O contrato será de 12 anos e por un importe de 1,8 millóns de euros. O Instituto para a Diversificación e Aforro de Enerxía (Idae) proporcionará unha axuda de 581.000 euros para a renovación do alumeado e instalacións.

O proxecto supón o cambio de 1300 luminarias led e 112 centros de mando que suporán un aforro enerxético.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.12547302246094