Dúas novas publicacións da Deputación promocionarán o patrimonio románico

LugoXa | RibeiraSacraXa | SarriaXa
A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou a adxudicación do contrato para a publicación de dúas novas publicacións sobre o patrimonio románico da provincia de Lugo, centradas na Ulloa, Os Ancares o Courel e a comarca de Sarria.
13 Jan 2023

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou a adxudicación do contrato para a publicación de dúas novas publicacións sobre o patrimonio románico da provincia de Lugo, centradas na Ulloa, Os Ancares o Courel e a comarca de Sarria. O obxectivo desta publicación é favorecer a promoción deste estilo arquitectónico como factor importante para dinamizar o sector turístico.

A Deputación editará 1.000 exemplares dunha guía sobre o románico da comarca da Ulloa e outros 1.000 dunha centrada na zona dos Ancares, o Courel, e a comarca de Sarria, así como un total de 2.000 trípticos complementarios a estas publicacións.

O contrato foi adxudicado a Producciones 60 Ráfagas S.L. por 36.179€ e un prazo de entrega de 11 días. “Estas dúas guías forman parte dun proxecto máis amplo, composto de catro volumes que farán un percorrido por este estilo arquitectónico ao longo de toda a provincia”, explicou García Porto.

Recordou que a institución provincial ten “publicada a correspondente á comarca da Ribeira Sacra, agora publicaremos as referidas á Ulloa, e aos Ancares, O Courel e Sarria, e neste ano 2023 sacaremos á correspondente ás comarcas de Lugo, A Chaira e A Mariña, coa cal quedaría completada a serie”.

Miguel Mendoza é o autor destas publicacións, que están ilustradas con fotografías de Pepe Tejero e de Roberto Díaz, e que están en galego, castelán e inglés. “Esta iniciativa forma parte da estratexia que estamos promovendo dende a Deputación para dar a coñecer e poñer en valor o patrimonio románico da provincia como un poderoso reclamo turístico, ó redor do que seguir consolidando unha oferta de calidade, sostible, non masificada e de experiencias”, explicou a Deputada.

No marco desta estratexia, o vindeiro xoves, 19 de xaneiro, a institución provincial presentará na Feira Internacional de Turismo (FITUR) a nova campaña de promoción turística que, co lema Lugo, provincia románica, está precisamente centrada na promoción do románico como recurso turístico, e que protagoniza o acto soberino premiado cun Goya no ano 2022 Chechu Salgado.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15754580497742