Dúas sesións vermú amenizadas con música serán outras actividades do San Xoán de Sarria

SarriaXa
Dúas sesións vermú amenizadas con música serán outras actividades do San Xoán de Sarria, organizadas pola Unión
La Union San Xoán cabecera
13 Xuño 2023

A Sociedade Cultural La Unión prepara diversas actividades para os seus socios e público en xeral durante as Festas de San Xoán de Sarria.

Así, o 24 de xuño, a partir das 13.00 horas, na Unión poderase desfrutar dunha sesión vermú acompañada das actuacións de Meigas e Trasgos e a banda Egs Ars Nova, patrocinada pola Área de Cultura da Deputación de Lugo.

O domingo, 25 de xuño, tamén haberá unha sesión vermú a partir das 13.00 horas na Unión, pero neste caso amenizada coa actuación de Carmen Álvarez, Mala Pécora. Pola noite, terá lugar a cea de gala, á que só poderán asistir socios e con reserva previa, e na que actuará o grupo Kalima.

La Union San Xoán
0.19760799407959