Eduardo El Mago volve participar no Festival Internacional de Maxia Vila de Sarria

SarriaXa
Roberto Lolo definiuno como “un dos magos máis queridos, apreciados e imprescindibles”
artistas-festival-internacional-maxia
16 Xul 2024

O organizador do XIX Festival Internacional de Maxia Vila de Sarria, Roberto Lolo, vén de confirmar o 19ª artista que participará do evento os vindeiros 22, 23, 24 e 25 de agosto.

Estee será Eduardo el Mago, que xa estivo o ano pasado na edición, así como noutras ocasións e que foi definido como “un dos magos máis queridos, apreciados e imprescindibles”.

Así, Lolo di que “máis aló da súa calidade artística, é unha das mellores persoas que me atopei do mundo máxico e en xeral. Boísima persoa, carácter magnífico, axuda no que necesitas co mellor sorriso, apúntase a todo para facer á xente feliz”.

0.17421102523804