Educación instalará placas fotovoltaicas en varios centros educativos da provincia

SarriaXa | RibeiraSacraXa | AMariñaXa
O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez anunciou que vaise licitar a instalación de placas solares en 61 centros en toda Galicia, para o que investirá un total de 1,7 millóns de euros.
placas fotovoltaicas solares
26 Ago 2023

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez anunciou que vaise licitar a instalación de placas solares en 61 centros en toda Galicia, para o que investirá un total de 1,7 millóns de euros.

“Con elas prevemos un aforro medio do 30% do consumo, cifra que variará en función do gasto enerxético de cada un. De feito, neste centro a redución podería ser incluso algo superior”, indicou. Desta maneira, lembrou, “avanzamos nun dos obxectivos principais do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, que é o de acadar uns centros educativos máis eficientes e respectuosos co medio ambiente”. O custo medio de cada instalación fotovoltaica é de 28.000 euros, importe que varía lixeiramente en función do centro.

En total, na comarca da Mariña serán o CIFP Porta da Auga de Ribadeo, o IES Perdouro de Burela, o IES María Sarmiento de Viveiro e o IES Illa de Sarón de Xove.

Na comarca sur lucense tamén están incluídos o IES Gregorio Fernández de Sarria e os IES A Pinguela e o IES Río Cabe de Monforte de Lemos.

0.13940501213074