Efrén Castro convoca ás Alcaldías dos concellos da comarca de Sarria para abordar o tema do matadoiro
SarriaXa
A reunión, prevista para o mércores 20 de novembro ás 11.30 horas ten como obxectivo analizar de forma conxunta o impacto do peche do matadoiro municipal
15 Nov 2024
O vicepresidente da Deputación de Lugo e portavoz do BNG en Sarria, Efrén Castro, convoca ás Alcaldías dos concellos da comarca de Sarria a unha reunión para abordar a situación creada polo peche do matadoiro de Sarria.
A reunión, prevista para o mércores 20 de novembro ás 11.30 horas ten como obxectivo analizar de forma conxunta o impacto do peche do matadoiro municipal que empregaban particulares, ganderías e empresas de transformación de toda a comarca, e abordar vías de colaboración a partir do coñecemento e a experiencia de xestión da área de Rural en relación co sector agrogandeiro e alimentario.
Desta maneira, convócanse aos alcaldes de Láncara, Paradela, O Páramo, Samos, Triacastela, O Inicio e Sarria para chegar a un punto en común.