Efrén Castro, do BNG: "Sarria necesita un xiro político porque é un pobo descoidado"
O deputado polo BNG e representante do grupo municipal en Sarria defende que "Sarria necesita un xiro político e que o concello non se conforme".
Así, piden que Sarria se convirta nun municipio grande no sector da cultura, xa que "os veciños teñen ideas positivas e forza e ás veces temos gobernos acomplexados que se adican a xestionar, pero hai que ter visión mais grande".
Di que Sarria é un "pobo descoidado" e que o goberno ten que "estar na puxanza dos veciños e non ser un lastre", propoñendo actividades culturais e deportivas".
Por outra parte, fai alusión á reordenación urbanística, que defende "hai que dotala de zonas verdes máis grandes das que ten" e as que xa existen "hai que darlles un cambio de aspecto". Así, tamén fai fincapé no estado das rúas, que di estar preparadas para os coches.
"Hai que propoñer iniciativas verdes e adaptar a vila aos espazos urbanos: que as rúas sexan para a xente e non para os coches", argumenta e establece que "hai que humanizar os espazos urbanos dotándoos de plataformas urbanas e beirarrúas máis grandes".
Di que crear un modelo de vila humanizada é necesario para que "a xente viva máis feliz, como demostran os datos en Pontevedra ou en Lugo". Da mesma forma, di, activan a economía e comercio local cando se pode vivir nas rúas e socializar nelas. Son espazos máis sostibles, é todo beneficio", argumenta.