Efrén Castro felicitou aos xogadores da SD Sarriana por clasificarse no play-off de ascenso a 2ª RFEF

SarriaXa
O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro visitou ao primeiro equipo da SD Sarriana, que vén de clasificarse para xogar o play off de ascenso a Segunda RFEF.
Sarriana BNG Sarria
11 Maio 2024

O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro visitou ao primeiro equipo da SD Sarriana, que vén de clasificarse para xogar o play off de ascenso a Segunda RFEF.

O vicepresidente, tamén deputado de Deportes, achegouse ata o campo municipal, para felicitar a xogadores, equipo técnico e directiva pola traxectoria durante a temporada e trasmitirlles apoio para os próximos encontros, nos que optan a lograr un ascenso que sería histórico para Sarria.

A área de Deportes apoia a actividade da SD Sarriana cunha achega de 20.000 euros, destinada a financiar a actividade competitiva de todos os equipos do club, desde as categorías de formación ata o primeiro equipo, e colabora na organización do Torneo Memorial Pedro Canoa.

0.051504850387573