Efrén Castro presentou o programa de axudas a gandeirías de Raza Rubia Galega Marela!

SarriaXa
A Casa da Cultura de Sarria foi a primeira parada desta xira na que a área de Rural chega dun xeito directo ás persoas
marela-e-o-deputado-daniel-garcia
5 Sep 2024

O vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, presentou o programa de axudas a gandeirías de Raza Rubia Galega Marela! a gandeiras e gandeiros da comarca de Sarria e o sur da provincia.

A Casa da Cultura de Sarria foi a primeira parada desta xira na que a área de Rural chega dun xeito directo ás persoas que traballan nas granxas con vacún autóctono de Rubia Galega na provincia de Lugo.

Castro recordou que “Marela! naceu co obxectivo de promover o desenvolvemento do sector gandeiro, como sector estratéxico da economía da provincia, co fin último de propiciar as condicións óptimas para que se produza unha fixación real de poboación no medio rural”.

O prazo de solicitude das axudas – dirixido a gandeirías que críen animais de Raza Rubia Galega- está aberto ata o 23 de setembro. As bases e modelos de solicitude están dispoñibles na web da Deputación de Lugo.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.12785387039185