Efrén Castro realizará o percorrido da etapa sarriá do Gran Camiño

SarriaXa
Efrén Castro realizará el recorrido de la etapa sarriana de la vuelta ciclista profesional O Gran Camiño que tendrá lugar el 27 de febrero.
presentacion o gran camino sarria2
5 Feb 2022

O deputado de Deportes, Efrén Castro, participará hoxe nunha ruta polo percorrido da etapa sarriá da volta profesional a Galicia “O Gran Camiño”, patrocinada pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Ciclistas afeccionados de clubs de Sarria e Lugo, acompañados polo ex ciclista profesional Ezequiel Mosquera, farán o mesmo percorrido que o pelotón internacional completará o vindeiro 27 de febreiro, na cuarta e última etapa do Gran Camiño.

Trátase de 15,8 quilómetros con saída do casco urbano de Sarria, tramos polas estradas LU-P-5707 e LU-P-5602,, coincidindo co trazado do Camiño de Santiago, e volta á vila para alcanzar a meta, situada na Rúa do Castelo, fronte as icónicas letras de Sarria.

A tres semanas do evento, que pretende recuperar un espazo propio para o ciclismo profesional galego no calendario internacional, a área de Deportes promove esta ruta que pretende promover o evento no mundo do ciclismo afeccionado e de base, ao tempo que se proxecta Sarria como destino turístico e deportivo e punto de referencia do Camiño de Santiago.

O punto de encontro e saída da ruta será ás 11.00 horas no Campo do Río.

0.06492805480957