Eirexalba acolle o Campionato de Tute 2025 o vindeiro 10 de maio

SarriaXa
O Campionato de Tute de Eirexalba 2025 repartirá importantes premios entre os participantes
baralla-cartas-espanola-tute-torneo-campionato
29 Apr 2025

A localidade de Eirexalba, no Incio, celebrará o vindeiro sábado 10 de maio o esperado Campionato de Tute 2025, un evento que terá lugar na pista polideportiva climatizada da localidade.

As actividades comezarán ás 10:30 horas co sorteo das parellas participantes, e a partir das 11:00 horas dará comezo a competición. Ás 14:00 horas ofrecerase un xantar gratuíto para todos os xogadores inscritos, mentres que o resto dos asistentes poderá participar abonando 10 euros.

O Campionato de Tute de Eirexalba 2025 repartirá importantes premios entre os participantes: o primeiro clasificado recibirá 100 euros e trofeo, o segundo 60 euros e trofeo, o terceiro 50 euros e trofeo, e ademais haberá un premio de 40 euros e trofeo para o primeiro clasificado na categoría de Consolación.

Organizadores e veciños agardan que o evento sexa unha xornada de convivencia e competición nun ambiente agradable, aproveitando as comodidades dun local climatizado.

⚙ Configurar cookies
0.14662599563599