El Combo Dominicano protagonizará as grandes festas de Cedrón, en Láncara

A parroquia de Cedrón, no concello de Láncara, celebrará as súas festas na honra de San Ramón os días 30 e 31 de agosto e 1 de setembro de 2025, cunha programación que combina música, gastronomía e actos relixiosos.
O sábado 30, a Festa da Xuventude comezará ás 20:30 horas coa actuación de Begoña García, seguida dunha churrascada veciñal e o gran concerto gratuíto de “Potra Salvaje”. Pola noite, o escenario será para Isabel Aaiún e a discoteca móbil Hermo.
O domingo 31 haberá Misa Solemne ás 13:00 horas, acompañada por banda de música, e sesión vermú coa orquestra Galilea. Pola noite, a verbena contará coas actuacións das orquestras Galilea e El Combo Dominicano.
O luns 1, día grande, repetirase a Misa Solemne ás 13:00 horas e a sesión vermú correrá a cargo da orquestra Punto Clave. A verbena de despedida terá como protagonistas a Punto Clave e Raúl. A organización lembra que non se permite botellón.