Elena Díaz Fernández será homenaxeada este domingo polo seu 100 aniversario

SarriaXa
O Coro Sarricanta actuará durante o acto, que terá lugar na Igrexa de Santiago de Farbán
Familia-Quiñoás-Sarria
17 Out 2024

O Coro Sarricanta protagonizará un acto na misa que terá lugar este domingo, 20 de outubro, na Igrexa de Santiago de Farbán, na parroquia homónima de Sarria.

Durante esta misa de Acción de Gracias, o Coro Sarricanta actuará en honra de Elena Díaz Fernández, nai dos irmáns Quiñoá recoñecidos polo seu papel na Sociedad Cultural La Unión; que vén de facer os 100 anos.

Elena Díaz naceu o 11 de outubro do 1924 e, xa con 100 anos, "conserva o seu espírito e as ganas de seguir adiante", sosteñen desde o Coro Sarricanta, que informa de que actuará ás 13.00 horas.

"O obxectivo desta homenaxe é que ela se sinta querida e arroupada pola súa familia e polo Coro Sarricanta tamén, ao que pertencen tamén os seus fillos, polo que tamén é a súa familia", destacan.

 

0.12623691558838