Elena López coróase campioa galega de enduro e XC tras unha tempada chea de éxitos

A deportista Elena López, natural da parroquia de Estraxiz, no concello de Samos, proclamouse campioa da Liga Galega de Enduro e tamén do Campionato Galego de XC Cross Country nunha tempada que cualifica de "moi satisfactoria" polos resultados acadados.
A deportista logrou o ouro a pesar de sufrir unha avaría mecánica que lle impediu rematar a carreira, unha circunstancia que non lle impediu asegurar o primeiro posto da clasificación xeral.
López chegaba á última proba cunha vantaxe de cinco puntos sobre a segunda clasificada e viuse beneficiada polas penalizacións impostas ás súas rivais, que remataron a carreira con máis de 30 minutos de diferenza, o que lle permitiu manter a primeira posición e confirmar o título galego.
A deportista fai unha valoración moi positiva da tempada, na que sumou unha chea de éxitos deportivos. Ademais dos títulos autonómicos na Liga Galega de Enduro e no Campionato Galego de XC, conseguiu tamén un destacado segundo posto no Campionato de España, pechando o ano cun moi bo sabor de boca e cos obxectivos marcados a comezos de tempada plenamente cumpridos.