Eles futbolistas, elas profesoras

TerraChaXa | RibeiraSacraXa | SarriaXa | LugoXa | AMariñaXa
O pupitre é a sección do mestre Julio Díaz no que trata os temas de actualidade no ámbito educativo cun toque persoal
julio diaz foto colaborador lugo
11 Sep 2023

Por Julio Díaz

Levaba varios días pensando que tema podería levar ao meu pupitre, neste mes de agosto, para non cargar aos lectores con ningún tema técnico nin profesional, pensaba en algo que fose máis relaxado, máis distendido, acorde ao período vacacional no que nos atopamos. Despois de moitas voltas e a poucas horas da emocionante vitoria do Mundial de fútbol feminino, no que as nosas rapazas fixeron historia, veu a miña memoria unhas estatísticas que manexara hai uns días e que plasmaban o que querían ser de maiores os máis mozos en Galicia, onde elas se decantaban por oficios relacionados cos coidados, mentres eles buscaban ser futbolistas ou policías.

Un ano máis, que os nenos e nenas galegas soñan con ser profesores, futbolistas, veterinarios ou policías non é ningunha novidade, estas son e foron as profesións máis votadas por todos eles nas 17 edicións, a primeira aló polo ano 2004, na enquisa realizada por Adecco e na que se pregunta, entre outras moitas cuestións, Qué queres ser de maior?, a cal tras o parón dos dous últimos anos por motivos da pandemia que acabamos de sufrir, volve para achegarnos o punto de vista dos máis novos da casa en temas relacionados co mundo da empresa e do traballo.

A fenda de xénero entre homes e mulleres ponse de manifesto durante os primeiros anos de vida dos nosos rapaces, así é como se presenta na xa citada enquisa de Adecco, na que un 36,1% dos nenos galegos queren ser futbolistas, un 12,4% policías e un 9,2% profesores. No 26,3% dos casos elas se decantan pola profesión docente, veterinarias o 13% e doutoras un 8,5%.

Podería asegurar, sen risco de equivocarme, que despois desta ilusionante vitoria das nosas xogadoras da selección española de fútbol, a enquisa reflectiría un resultado completamente distinto no caso das nosas rapazas e a profesión de futbolista pasaría a ser unha das primeiras opcións que elixirían, de feito o que comezou sendo unha novidade na enquisa do ano 2019, que se agudiza no ano 2023, e é que moitas rapazas elixen xa ser futbolistas entre as súas primeiras opcións quizás sexa un reflexo do protagonismo que os equipos de fútbol feminino están a ter ultimamente e da visibilidade que lles están a dar nos últimos tempos os medios de comunicación e as redes sociais.

Quería completar esta reflexión con profesións da enquisa de Adecco que chamaron a miña atención e que aparte destas profesións elixidas, o estudo manifesta que outras anecdóticas embelesan aos nosos rapaces, como ser Ninja, CEO de marketing, campiona de Jiu-Jitsu, drifter, cosmólogo, copiloto de avións de guerra, explorador de tesouros, profesional do tambor ou presentador do “Hormiguero”.

Non quixera rematar sen felicitar novamente ás nosas “futboleras” con un sentido. AUPA CAMPIOAS

realidade virtual

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15301489830017